ZAPATOS DE TACÓN

ZAPATOS DE TACÓN

 

Os pes, a parte anatómica e dinámica do noso organismo, que dende fai millóns de anos permite que o home poida manterse erguido durante toda a súa vida, se desprace, corra, baile, salte, é tamén, a máis esquecida e descoidada pola maioría dos habitantes do planeta.

Os zapatos de tacón están de moda e dise que realzan a figura, pero para moitas mulleres os tacóns son todo un sacrificio que tan só beneficia á imaxe.

Debido á comercialización e ao consumismo fomos “creando” diferentes necesidades de calzado e na sociedade actual para as mulleres, poñerse un par de zapatos de tacón, representa sentirse “sexy”, feminina e sensual.

Os problemas dos zapatos con tacóns de vértigo van dende as molestias leves ou severas nos pes, inchazón, ata problemas nos osos como son os juanetes, dedos en martelo, callos, durezas e, incluso, dor de espalda.

J.M.V.T.

Os comentarios están pechados.