primavera valenciana

Primavera valenciana refírese a esas protestas iniciadas en Valencia polo movemento estudantil para reclamar pacíficamente dereitos fundamentais como a educación pública ou neste caso esixir que no centro IES Luis Vives funcione a calefacción que derivou en estudantes agredidos e detidos e nunha gran represión policial, feitos intolerables.

Habendo cadeas e medios de información que etiquetaban aos estudantes valencianos como “estudantes radicais”..Que é iso?Como se é un estudante radical? Radical é o que está farto deste xogo?

Non se pode tolerar ningún abuso policial e menos cando son protestas pacíficas que reclaman os nosos dereitos, cando as vítimas son moitas delas menores de idade, cando médicos de urxencias informan que á saída das curas a policía quitaba aos feridos o parte das lesións, cando miles de testemuñas converten a primavera no peor dos invernos.

Debemos esixir que se depuren responsabilidades e cómplices dun clima de intimidación nun estado con verniz de democracia.

Os comentarios están pechados.