Espazo ecogaleguista

Ecogaleguistas nace como un referente da esquerda renovadora e ecosocialista para traballar a prol da unidade dunha esquerda nacional de ampla base.

Tratase de construír un proxecto para multiplicar non para dividir, pero son conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.

Apostan por  un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento. Neste momento preivo a posta en marcha xa son perto de un centenar as persoas adheridas e dito proceso.

Os comentarios están pechados.