HIMNO DE GALIZA: http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=cVOl2xv1OsU

Himno de Galiza: Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Eduardo Pondal

 

HINO GALEGO1. O Hino galego e o sistema cultural de Galicia.O Hino é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non foi contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista.Galicia é rica en símbolos acústicos ou sonoros de tipo ideolóxico e político. Os berros ou gritos son moitos e utilizanse con frecuencia, tanto en festas típicas, como en actos patrióticos. Algúns destes berros teñen efecto rubricante, para rubrica-la culminación dun acto político, como «¡Terra a Nosa!» ou o de «¡Galicia ceibe!». Mais que gritos ou berros de identificación e de adhesión e proselitismo son instrumentos de afirmación e de profundización no espíritu comunitario que se vive nese momento no banquete no acto político ou cultural. Pode ser utilizado como medio de contestación, cando se atopan elementos de dúas forzas totalmente diferentes, na que unha se distingue polo seu acusado centralismo e non acepta os símbolos de Galicia. Poden ser utilizados, tamén, como divisas especiais, para distingui-la emoción que desperta calquer aspecto cultural de Galicia.

Os comentarios están pechados.