Sen categorizarArchive for the '' Category

Os nomes e apelidos co seu significado!


Xuño 14th, 2012

Esta é unha lista de nomes co seu significado:

Nomes de home:

-Xan: Hebreo, deus é propicio ou misericordioso.

-Xacobe:  Hebreo, o segundo, o que vén detrás.

-Macías: Hebreo, deus proverá, home de Deus.

-Berto: Xermánico, ilustre, famoso, brillante.

-Bieito: Latín, ben nomeado, bendito.

 

Nomes de muller:

-Ainoa: Advocación mariana nun santuario do mesmo nome no País Vasco.

-Xenara: Latín, relativa ao mes de xaneiro.

-Eva:Hebreo, dadora de vida.

-Marcela: Latín, dedicada ao servizo de Marte, martelo.

-Xiana: Latín, referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter.

– Lista de apelidos:

-Fernández: Orixe patronímica “fillo de Fernando”.

-Ferreiro: Do latín “ferrum”.

-Vila: Do latín “villa”, casa de labranza, lugar con casas, aldea.

-Barreiro: De “barreiro”, lugar de onde se extrae barro ou arxila.

-Salgado: Do alcume que nace de “salgar” (persoa dotada de graza, viveza…).

date
 

Manifestación do 17 de Maio.


Xuño 13th, 2012

A Mesa pola normalización acordou a manifestacion do 17 de maio.

Según dicia Carlos Callón: “Non merecemos un goberno que dedica máis tempo a atacar o noso idioma que a resolver os problemas”. O motivo desta manifestación é defender os dereitos lingüisticos da nosa lingua.

date
 

Zapatos de tacón


Marzo 7th, 2012

Os zapatos de tacón nestes tempos están de moda e realzan a figura, pero para moitas mulleres os tacóns son un gran sacrificio que só benefician a imaxe.

Algunhas mulleres calzan un número máis pequeno do que lle corresponde ao seu pé, e na punta do zapato son moi estreitos deformando asi o pé, outras utilizan un tacón máis alto do normal provocando asi enfermidades nos pés como os dedos de martelo ou frecuentes dores nos pés.

Os zapatos de tacón axeitados deben ter como máximo uns tres centímetros e ser un zapato ancho para que o pé se acomode ben. Un zapato de tacón bo é o zapato de cuña.

Os problemas ocasionados polos zapatos de tacón de vertigo van dende molestias leves ou severas nos pés, hinchazón, problemas nos ósos como os joanetes, dedos de martelo, callos, durosidades e tamén dores de espalda.

Os pés son unha parte moi importante do noso organismo polo que temos que coidalos ben.

C.P.F

date
 

ZAPATOS DE TACÓN


Febreiro 26th, 2012

ZAPATOS DE TACÓN

 

Os pes, a parte anatómica e dinámica do noso organismo, que dende fai millóns de anos permite que o home poida manterse erguido durante toda a súa vida, se desprace, corra, baile, salte, é tamén, a máis esquecida e descoidada pola maioría dos habitantes do planeta.

Os zapatos de tacón están de moda e dise que realzan a figura, pero para moitas mulleres os tacóns son todo un sacrificio que tan só beneficia á imaxe.

Debido á comercialización e ao consumismo fomos “creando” diferentes necesidades de calzado e na sociedade actual para as mulleres, poñerse un par de zapatos de tacón, representa sentirse “sexy”, feminina e sensual.

Os problemas dos zapatos con tacóns de vértigo van dende as molestias leves ou severas nos pes, inchazón, ata problemas nos osos como son os juanetes, dedos en martelo, callos, durezas e, incluso, dor de espalda.

J.M.V.T.

date
 

primavera valenciana


Febreiro 26th, 2012

Primavera valenciana refírese a esas protestas iniciadas en Valencia polo movemento estudantil para reclamar pacíficamente dereitos fundamentais como a educación pública ou neste caso esixir que no centro IES Luis Vives funcione a calefacción que derivou en estudantes agredidos e detidos e nunha gran represión policial, feitos intolerables.

Habendo cadeas e medios de información que etiquetaban aos estudantes valencianos como “estudantes radicais”..Que é iso?Como se é un estudante radical? Radical é o que está farto deste xogo?

Non se pode tolerar ningún abuso policial e menos cando son protestas pacíficas que reclaman os nosos dereitos, cando as vítimas son moitas delas menores de idade, cando médicos de urxencias informan que á saída das curas a policía quitaba aos feridos o parte das lesións, cando miles de testemuñas converten a primavera no peor dos invernos.

Debemos esixir que se depuren responsabilidades e cómplices dun clima de intimidación nun estado con verniz de democracia.

date
 

Espazo ecogaleguista


Febreiro 25th, 2012

Ecogaleguistas nace como un referente da esquerda renovadora e ecosocialista para traballar a prol da unidade dunha esquerda nacional de ampla base.

Tratase de construír un proxecto para multiplicar non para dividir, pero son conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.

Apostan por  un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento. Neste momento preivo a posta en marcha xa son perto de un centenar as persoas adheridas e dito proceso.

date
 

El puto coke


Febreiro 2nd, 2012

Puto coke é un dos rapeiros mais coñecidos de Galiza,naceu en vigo no 1979.

Este rapeiro reivindica a lingua do país no seu traballo:GgAaL-EGO

“Trátase de reivindicar o noso, pero, sobre todo, de transmitir que, ante todo, o galego é práctico nun mundo onde o portugués é falado por 256 millóns de habitantes”, remarca o mc.

A este respecto, El Puto Coke considera que “despois de estudar a Historia de Galicia”, chegou á conclusión de que a situación actual da lingua débese a que “somos tan potentes que necesitan caparnos”.

el puto coke

date
 

HIMNO DE GALIZA: http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=cVOl2xv1OsU


Febreiro 1st, 2012

Himno de Galiza: Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Eduardo Pondal

 

HINO GALEGO1. O Hino galego e o sistema cultural de Galicia.O Hino é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non foi contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista.Galicia é rica en símbolos acústicos ou sonoros de tipo ideolóxico e político. Os berros ou gritos son moitos e utilizanse con frecuencia, tanto en festas típicas, como en actos patrióticos. Algúns destes berros teñen efecto rubricante, para rubrica-la culminación dun acto político, como «¡Terra a Nosa!» ou o de «¡Galicia ceibe!». Mais que gritos ou berros de identificación e de adhesión e proselitismo son instrumentos de afirmación e de profundización no espíritu comunitario que se vive nese momento no banquete no acto político ou cultural. Pode ser utilizado como medio de contestación, cando se atopan elementos de dúas forzas totalmente diferentes, na que unha se distingue polo seu acusado centralismo e non acepta os símbolos de Galicia. Poden ser utilizados, tamén, como divisas especiais, para distingui-la emoción que desperta calquer aspecto cultural de Galicia.
date
 

Dios ke te crew-profecía


Xaneiro 23rd, 2012

http://www.youtube.com/watch?v=JJq1jife_a4&feature=player_detailpage

date
 

profecía


Xaneiro 23rd, 2012

date